PLANTILLA
1916 – 1931
O 9 de abril de 1916 nace Manuel Lueiro Rey en Fornelos de Montes, fillo de Albino Lueiro Soto, mestre de profesión, e de Adelaida Rey Couto. Nas terras pontevedresas transcorrerá a súa primeira infancia xunto cos seus dez irmáns. 1923 Trasládase ao Grove por mor da obtención dun novo destino de seu pai coa maior parte da familia. Alí formarase e botará raíces. 1928 Traballará unha tempada como axudante nunha forxa do Grove. 1929-31 Traballará de contable na fábrica de conservas “Piñeiro” da localidade grovense, de onde o despedirán por solidarizarse cunhas traballadoras que non recibían a remuneración económica que lles correspondía. Ao tempo practica o fútbol nos equipos “Anduriña” e “Vilagarcía F.C.”.